Formación de autoprotección e en situacións de emerxencia

O piar da Autoprotección é a formación das persoas. E esta formación hai que entendela desde o punto de vista da Prevención, pero tamén desde o punto de vista dunha emerxencia que xa está en marcha.

Só naqueles centros cuxos traballadores e/ou usuarios estean formados en situacións de emerxencia poderán afrontar unha emerxencia con garantías. Entre as posibles emerxencias destaca o lume, aínda que lembramos que non é a única. A experiencia dinos que en termos xerais a concienciación sobre o risco de incendio e os medios de protección é moi baixa en España.

Por iso, entre as nosas actividades atópase a formación en Autoprotección, parte obrigatoria da Implantación dun Plan de Autoprotección, así como o Mantemento da Eficacia do Plan de Autoprotección. O que nos diferencia é que esta formación está planificada e realizada específicamente para o teu centro.

Sabemos que cada centro é diferente, polo que a nosa formación está adaptada a cada situación e aos distintos colectivos de traballadores:

  • Formación xeral para todos os traballadores
  • Formación para equipos de xestión
  • Adestramento para equipos de alarma
  • Formación para equipos de evacuación
  • Formación de equipos de intervención
  • Formación específica para grupos de traballadores (por exemplo, quenda de noite, etc.)

Queres saber máis sobre
os nosos servizos?