Especialistas en plans de autoprotección e protocolos de emerxencia
En PAU consideramos esencial a atención personalizada e o acompañamento durante todo o proceso de elaboración, revisión, implantación e rexistro do Plan de Autoprotección.
A orientación ao cliente e a nosa independencia son valores que nos distinguen.
Servizos
En PAU queremos ofrecer aos nosos clientes, segundo as súas necesidades, unha elaboración seria, eficaz e integral dun plan de autoprotección.
Quen está obrigado a implementar un plan de autoprotección?
A Norma Básica de Autoprotección aplícase a todas aquelas actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións e dependencias incluídas no anexo I que poidan verse afectadas por situacións de emerxencia. Complementando este Anexo I, en Galicia existe un Catálogo de Actividades que deben adoptar medidas de Autoprotección.
CATÁLOGO DE ACTIVIDADES
- Actividades de espectáculos públicos e recreativas
- Actividades docentes
- Actividades sanitarias
- Actividades residenciais públicas
- Actividades industriais, de almacenamento e de investigación
- Actividades de infraestructuras de transporte
- Actividades e infraestructuras enerxéticas
- Outras actividades: comerciais, administrativas, camping, espazos naturais de Galicia
Documentación e enlaces
Neste apartado podes consultar a normativa actualizada relativa á Autoprotección así como á Protección contra Incendios. Para maior facilidade, toda a normativa presenta unha introdución previa onde se comentan as cousas máis importantes, facilitando a súa comprensión e, sobre todo, atopar máis rápido o que se busca.
- DECRETO 172/2022, de 6 de octubre, polo que se aproba o Catálogo de actividades que deben adoptar medidas de autoprotección e polo que se fixa o contido desas medidas, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- DECRETO 172/2022
- Norma Básica de Autoprotección: R.D. 393/2007, de 23 de Marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección.
- R.D. 393/2007