Realización de simulacros de emerxencia

Realizar simulacros de emerxencia non só é poñer a proba o desenvolvemento do Plan de Autoprotección, senón que é unha auténtica formación práctica para todos os participantes.

A importancia dunha boa planificación resulta no seu desenvolvemento posterior. A normativa vixente obriga tamén a comunicar a realización de calquera simulacro de emerxencia ás Administracións competentes (Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112, Recursos de Apoio Externo como Bombeiros e Policía, etc.) solicitando ou non a súa colaboración.

A entrada en Galicia do D.172/2022, do 6 de outubro, obriga a todas estas comunicacións, con independencia de que participen ou non no simulacro.

Os simulacros de emerxencia son obrigatorios anualmente (tanto pola normativa estatal e autonómica de Autoprotección como pola Lei de Prevención de Riscos Laborais) Pero se queremos incentivalos e facelos rutineiros de fácil execución, en PAU cremos que facilitar toda a documentación e comunicacións para realizar un simulacro é fundamental para os nosos clientes. Non queremos que se sintan sós en ningún momento. Queremos que se converta nunha actividade sinxela e facilmente factible.

Ao final de cada simulacro encargámonos de redactar un minutos personalizados onde se recollen os puntos débiles e fortes e se propoñen medidas de mellora.

Queres saber máis sobre
os nosos servizos?